CARTA DE PRESENTACIÓN DA PÁXINA WEB

Como Presidente da Sociedade Oncolóxica de Galicia (SOG) é para min un motivo de satisfacción que a nosa sociedade dispoña dunha ferramenta de traballo como é unha páxina web corporativa.

 En primeiro lugar, era coñecido por todos a opinión case xeralizada dos socios da SOG da necesidade de dispor desta ferramenta de traballo. Con ela abrímonos a nós mesmos como organización  máis participativa, permitíndonos estar ao tanto dos acontecementos relevantes no campo da oncoloxía galega.

 En segundo lugar, outro obxectivo da mesma é aglutinar se fose posible todo o traballo que estamos a desenvolver os profesionais de Galicia, facéndoo visible entre nós mesmos.

 En terceiro lugar, como a través deste instrumento podemos axudar a participar en proxectos comúns con outras  organizacións que tamén traballan no campo  da Oncoloxía.

 En cuarto lugar, dármonos a coñecer á cidadanía, aínda que sexa virtualmente. Este método permite unha comunicación libre en pé de igualdade que doutra maneira non sería posible.

 Somos conscientes da dificultade de pór en marcha  unha páxina web, que sexa sensible ás nosas inquietudes e por que non dicilo aos nosos intereses como profesionais. Pero aínda somos máis conscientes de que unha vez posta en marcha se manteña e se desenvolva.

 Por tanto para que todo este proxecto alcance o éxito, é necesaria a participación de todos os socios da SOG, pois é a eles a quen vai dirixida.

 Non teño máis que despedirme non sen antes dar as máis expresivas grazas a todas as persoas que participaron na súa confección así como ás corporacións que a fixeron posible nun contexto socio-económico tan pouco favorable como  o actual.

                                                                     Xuño de 2011

                                                            

                                                              Manuel Caeiro Muñoz

                                                                Presidente da *SOG